Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lalín ven de rematar os traballos de mellora na igrexa de Botos

San Bartolomé

Lalín. En Lalín veñen de rematar as obras de restauración da igrexa parroquial de Botos, acometidas pola asociación cultural San Bartolomé cunha subvención que solicitaron á Xunta ao abeiro do Plan de Embelecemento do Camiño de Santiago, e que lles foi concedida por importe de 10.000 euros sobre o total do custo da actuación de 16.192,62 €. Os 6.192,62 restantes foron achegados pola veciñanza. Unha actuación de posta en valor deste ben patrimonial situado na Vía da Prata que foi visitada pola concelleira de Turismo, Begoña Blanco, e polo edil de Obras e de zona, José Cuñarro, que estiveron acompañados polo cura párroco e varios membros da asociación.

As obras consistiron na retirada do falso teito que tiña unha placa de fibrocemento e na dotación dun novo. Así mesmo, restauraron a madeira da cuberta da igrexa, que ten ao redor de dous séculos, á que se lle fixo un lixado; se lle dou un tratamento contra parásitos da madeira e practicóuselle un tratamento dun verniz especial a fin de deixar a cor máis similar á orixinal. Ao tratarse de vigas de castaño nelas son perceptibles algunhas fendas de táboa ou algunha greta considerable porque se deixou o máis parecido ao seu estado orixinal.

Ademais cambiaron as luminarias do templo, substituíndo as existentes por outras de tecnoloxía led e repararon no campanario varias filtracións que estaban danando a madeira e a parede. Ademais o proxecto incluíu o pintado o interior da igrexa de Botos. arca

03 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.