Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Licitan para mellorar
a estación depuradora da Corredoira, en Lalín

O obxectivo é resolver as deficiencias de funcionamento e deseño que presenta

Lalín. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, licitou por preto de 185.000 euros o contrato para a redacción do proxecto construtivo de mellora da estación depuradora da Corredoira, no Concello de Lalín.

O obxectivo deste contrato é resolver as deficiencias de deseño e funcionamento da depuradora municipal, na que moitos dos seus elementos quedaron obsoletos e infradimensionados, tras máis de 20 anos de funcionamento. A infraestrutura presenta deficiencias, principalmente no deseño do reactor biolóxico. As actuacións obxecto deste contrato teñen como fin acadar a mellor solución para o tratamento das augas residuais do núcleo urbano, considerando tanto as diferentes posibilidades de ampliación e mellora da depuradora existente, como as de construción dunha nova infraestrutura hidráulica.

As empresas interesadas teñen de límite ata o 16 de setembro para presentar as súas ofertas. O prazo de execución das obras é de 10 meses. Este novo traballo de entidade hidráulica da Xunta forma parte das distintas actuacións propostas no Plan Director de saneamento do núcleo urbano de Lalín, elaborado por Augas, que van posibilitar as primeiras obras de mellora do saneamento no núcleo da vila. c.g.

15 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.