Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O programa Ler conta Moito retómase na biblioteca silledense a partir deste mércores

A sesión “Contoxogo” será a primeira de tres actividades ao abeiro deste programa, que completan un obradoiro de robótica e unha actuación para bebés de 0 a 3

O Concello de Silleda, a través da Concellería de Cultura retoma o programa Ler conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia. O centro municipal Daniel Castelao acolle dende este mércores día 14 tres sesións para o público máis novo, nas que as prazas serán limitadas e se cumprirá a normativa en materia hixiénico-sanitaria.

Así, este mércores día 14 abre o programa a sesión “Contoxogo”, ás 17:00 horas, a cargo de Eduvía. O vindeiro xoves día 22, tamén no marco da celebración do Día das Bibliotecas –que se conmemorará o vindeiro 24- terá lugar un obradoiro de Robótica, baixo o lema “Átomos” ás 18:00 horas.

A programación de Ler conta Moito rematará este ano en Silleda o xoves 29 de outubro con Güe Güe, tamén ás 18:00 horas, para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

O programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia, ten como obxectivo principal o fomento e dinamización da lectura nas bibliotecas públicas de Galicia a través da realización de diversas actividades lúdicas para o público máis novo.

12 oct 2020 / 15:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.