Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os encontros internacionais de compradores volven a Silleda

O Salón de Alimentación do Atlántico contará con este espazo de negocios que lle facilita ás empresas a apertura de novos mercados dentro e fóra de España

A Feira Abanca Semana Verde de Galicia ten xa case toda a programación e expositores pechados pero, non obstante, estanse a confirmar as últimas incorporacións. E é que dende o 3 ao 5 de setembro o recinto Feira Internacional de Galicia Abanca volverá albergar un dos eventos máis completos do verán galego. E faráo, por suposto, seguindo todas as medidas sanitarias precisas. O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, o cal celebra a súa 24ª edición xunto á feira Abanca Semana Verde, volverá contar no seu programa cos Encontros Internacionais de Compradores, un espazo de negocio que facilita ás empresas presentes no certame a apertura de novos mercados, tanto en España como noutros países.

Nesta edición especial, os Encontros darán aos expositores presentes no salón a oportunidade de mostrar os seus produtos a 18 importadores e distribuidores alimentarios de oito países, como son Dinamarca, España, Francia, México, Portugal, Países Baixos, Reino Unido e Suíza. Destes participantes 14 son importadores e 4 son compradores nacionais. Correspondéndose estes últimos cun distribuidor e tamén con cadeas de distribución alimentaria españolas ou con presenza no país como son Carrefour, Gadisa e El Corte Inglés. Os compradores presentes nesta edición destacaron na súa inmensa maioría a súa preferencia en coñecer produtos gourmet en xeral, pero mostrando tamén o seu interese por propostas ecolóxicas e de pequenos produtores. Xa de forma máis específica, buscan, entre outras propostas, aceites, viños e outras bebidas alcohólicas, queixos e outros lácteos, conservas, elaborados cárnicos, snacks, mel ou dietéticos.

Estes Encontros Internacionais de Compradores de Salimat Abanca 2021, os cales contan co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a colaboración do Clúster Alimentario de Galicia, posibilitarán ás empresas presentar directamente os seus produtos aos compradores a través de reunións axendadas en función dos intereses de ambas as partes. Estas desenvolveranse durante o primeiro día e medio do certame.

Convértense así nunha eficaz ferramenta comercial, especialmente para a pequena e mediana empresa, a cal ten a posibilidade de que as súas propostas sexan incluídas na carteira de produtos dos compradores e os lineais da gran distribución.

VISITAS Ademais das reunións de negocio, os Encontros Internacionais de Compradores incluirán o día anterior, 2 de setembro, unha actividade na que participarán a maioría de importadores e distribuidores. Esta consistirá en visitas, durante a xornada, a unha conserveira, unha adega e unha queixería.

28 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.