Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pecha por mor dos traballos forestais varios días Carboeiro

Silleda. Durante varias xornadas, e a partir da vindeira semana, o mosteiro do Carboeiro silledense permanecerá pechado por mor dos traballos forestais que están a ter lugar no entorno do vial forestal que da acceso a dito monumento e ao seu entorno. Según explican dende o goberno local, os labores xa arrancaron hai uns días, e é por iso, que o mosteiro xa tivo que interromper a súa actividade mentres estaban en marcha as tarefas de tala.

Agora que se intensificaron as actuacións, e para garantir a seguridade viaria neste tramo (EP-6505), o Concello de Silleda acordou pechar o acceso ao mosteiro. Esta medida pasará a ser efectiva o vindeiro luns 26 e ata o 6 de novembro (agás na xornada de fin de semana). Lembra o goberno local que a partir do 31 de outubro xa se vai aplicar o horario de inverno (estará aberto de 11.00 a 14.30 e de 15.30 a 18.00 horas).

PLÁSTICOS Dende o Concello recordan que mañá é o último día no que estará a empresa Silo retirando plásticos de silos e invernadoiros dun total de 28 parroquias. Trátase da segunda fase desta campaña, e a máis exitosa, ao recibirse un total de 132 avisos, fronte aos 119 da primeira xornada (un total de 46.980 quilos de plásticos). “É de agradecer a colaboración de toda a veciñanza con este programa”, indica o alcalde, Manuel Cuíña, que lembra que os plásticos se poden levar durante todo o ano ao Punto Limpo local. A.P.

22 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.