Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Pichel fixo entrega dos premios Carné Xove da campaña de Nadal da AED

Lalír. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, fixo entrega na tarde do venres dos premios Carné Xove enmarcados na campaña de Nadal levada a cabo pola Asociación de Empresarios de Deza (AED). Ademais puxo en valor os descontos e vantaxes en establecementos e entidades galegas que ten esta tarxeta que se mandou de oficio a todos os mozos e mozas de Galicia.

Na entrega de premios sorteáronse tres IPhone14 entre os usuarios posuidores do Carné Xove da Xunta de Galicia e que mercaron algún produto nos comercios asociados e publicaron un comentario no perfil de Instagram da AED co hastag #NadaldeensoñoenLalín. Os gañadores foron Sandra Fernández Soto, Arón Lamas e Cristian Faílde.

AMPLA CAMPAÑA. Ao marxe destes galardóns, a patronal dezana xunto cos comercio do Centro Comercial Aberto tamén sorteou na campaña de Nadal dez mil euros en vales, entre os cidadáns que realizaron as súas compras durante as festas nos comercios da zona. arca

21 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.