Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Queixas na capital do Deza pola redución das frecuencias do autobús

Os socialistas fanse eco das protestas dos usuarios e expresan a súa preocupación

Lalín. Os socialistas de Lalín alertan de queixas de usuarios tras a entrada en vigor do novo Plan de Transporte Público de Galicia, que reduciu frecuencias e modificou horarios nas liñas de bus. O PSOE amosa a súa preocupación por uns cambios que están afectando a un bo número de lalinenses e “nalgúns casos semellan ter moi pouco criterio ou ser un sensentido”.

Chaman especialmente a atención modificacións en liñas que antes saían ás 07.30 horas e que agora se adiantan ás 06.45, cuestión que afecta de maneira directa ás rutinas e obrigas persoais dos usuarios de dito servizo.

Asegura que estarán moi pendente desta situación e lamenta que a Xunta e o Concello fagan aínda máis difícil do que xa está a vida dos lalinenses. Por outra parte, os socialistas cuestionan que, a pesar dos anuncios, Lalín siga fóra dos descontos que ofrece a tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia, no que si están incluídos municipios como Vila de Cruces ou A Estrada, onde a veciñanza se pode beneficiar de descontos de entre un 30 e un 40 por cento nas súas viaxes.

Lembran os anuncios da conselleira e que en outubro o PP levou unha moción ó pleno con esta solicitude que foi apoiada, sen que ata agora entrase en vigor a tarxeta. s. e.

12 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.