Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reclaman a poda das árbores da praza Juan Salgueiro da Bandeira

Silleda. O Partido Popular de Silleda solicitoulle ao Concello que acometa de inmediato a poda das árbores da praza Juan Salgueiro da Bandeira, “xa que estan causando numerosos trastornos os comercios e veciños da contorna”. Os populares recordan que os excesos da campaña municipal, impedíronlle o goberno municipal afrontar a poda das árbores o ano pasado, polo que este “o problema vese máis agravado”.

Según apuntaron dende o Partido Popular, “a falta de coidado e mantemento fai que as arbores estén mais frondosas do habitual o que fai que, por un lado, tapen as farolas, co que a praza polas noites queda totalmente a escuras, e por outra banda, a caída da folla acumúlase no chan atoando os sumidoiros, o que dificulta o tráfico e o aparcamento os días de chuvia, e introdúcese nas entradas das casas e edificios, así como nas entradas dos negocios, o que lle ven causando graves trastornos os veciños da zona.”

Ademais neste punto tamén se encontra a parada do autobús escolar, e é unha zona de esparcemento moi concurrida. arca

07 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.