Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Silleda loita por reducir
o lixo nos contedores orgánicos ca compostaxe

SILLEDA. A campaña posta en marcha polo Concello de Silleda a principios de ano para concienciar á veciñanza sobre os beneficios da compostaxe está a ter moi bos resultados, segundo aseguran fontes municipais. De feito o programa ‘Compóstate ben, dalle unha nova vida ao lixo’ vén de rematar unha nova fase coas visitas do persoal técnico da firma adxudicataria (Foresín) aos domicilios participantes para resolver todas as dúbidas. Segundo se desprende das visitas realizadas, apuntan dende o Concello, as persoas usuarias son máis conscientes da cantidade de materia orgánica que se xera a diario nos domicilios. Así mesmo, nalgún caso, debido á cantidade de restos de poda, os participantes solicitaron tamén dispoñer da biotrituradora. O goberno local editou asemade unha guía de boas prácticas para a correcta compostaxe. A.P.

07 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.