Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Silleda quere limpar Toiriz e sinalizará Chouza Nova

Silleda. O Concello de Silleda remitiu a Dirección Xeral de Patrimonio unha solicitude para conquerir a pertinente autorización de cara a realizar tarefas de limpeza manual no Castro de Toiriz. No mesmo escrito tamén se solicita ao departamento autonómico que remita as instrucións precisas sobre como proceder de xeito correcto para limpar o xacemento.

Silleda completará así os traballos de posta en valor dos últimos meses, promovidos polo Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra a través do programa Trazas de Pontevedra.

Para estas tarefas, o Concello xa solicitou o pertinente orzamento a unha empresa especializada, de cara a realización do desbroce, con medios manuais, do Castro de Toiriz, situado a apenas 200 metros da vila, a fin de continuar mellorando as condicións para a visita, disfrute e coñecemento de toda a veciñanza e persoas que desexen achegarse ata este enclave.

Por outra banda está previsto que nos vindeiros días comencen os traballos para a posta en valor e sinalización da Mámoa da Chousa Nova, sita en Campomarzo (Abades) considerada a máis antiga de Galicia. O proxecto acometerase cunha axuda provincial de 5.500 €. arca

15 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.