Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Silleda saca a segunda fase dun proxecto de compostaxe doméstica

Repártense un total de 150 composteiros entre os fogares dos veciños de Lamela e Piñeiro

Silleda. O Concello de Silleda pon en marcha a segunda fase do proxecto de compostaxe doméstica para os veciños e veciñas das parroquias de Lamela e Piñeiro, que permitirá achegar a ditas zonas un total de 150 composteiros para que sexan usados nos fogares. Estes puntos individualizados de reciclaxe poden ser solicitados no consistorio a través do teléfono 986 180 239 (ou mandando un correo a soledad.rey@silleda.gal), e non terán ningún tipo de custo para a cidadanía.

Esta medida permitirá que nos fogares que soliciten estos composteiros, se mellore a xestións dos residuos orgánicos, xa que poderán reciclar os restos de comida e restos vexetais de poda e de horta,

todo elo sen que salgan da casa aportando así numerosos beneficios dende o punto de vista ambiental, social e económico, xa que ao non ser necesario recollelo nin transportalo ata o punto de xestión, almacenalo e finalmente reciclalo, se aforran emisións de CO2 do transporte e tratamento e o propio

custo de xestionalo.

Por outro lado, os participantes no programa obterán como produto final un fertilizante natural de excelente calidade con propiedades que melloran o solo e evitando a compra e uso doutros produtos químicos. C.G.

15 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.