Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Un traballador social e un técnico en Medio Ambiente recén titulados chegarán a Silleda

Esta contratación faise mediante a iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra, “O teu primeiro emprego”.

O inicio da vida laboral para un recén titulado é actualmente un camiño pesimista e de incertezas. Estes rapaces adoecen agora aquel repetido mantra nas escolas de “se estudas, conseguirás un bó traballo”, observando como tras anos de esforzo e dun sacrificio –que en moitos casos, non só é individual, senón tamén familiar–, estes vense recompensados cun emprego precarizado nun posto de traballo que nada ten que ver coa súa titulación. Dado que no seu propio sector en moitas ocasións a súa irremediable falta de experiencia péchalle as portas.

A Deputación de Pontevedra, sabedora desta problemática, puxo en marcha a iniciativa, “O teu primeiro emprego”. Este plan ten por finalidade facilitarlle ás persoas tituladas universitarias e de ciclos superiores de formación profesional o acceso, dentro da provincia de Pontevedra, a un primeiro emprego adecuado ao nivel de estudos cursados. De modo que estes estudantes poidan adquirir a requerida experiencia profesional no sector, que lles facilite a súa futura inserción no mercado laboral. Esta adquirirase mediante contratos laborais de prácticas,polo que para o seu desenvolvemento a Deputación de Pontevedra conta coa colaboración dos concellos de menos de 50.000 habitantes.

No marco desta iniciativa, o Concello de Silleda contratará en prácticas e a xornada completa a un traballador ou traballadora social e a un técnico/a de Medio Ambiente durante 6 meses (prorrogable por outros 6) de acordo coa normativa vixente. Estes recén ingresados incorporaranse aos departamentos de Servizos Sociais e Medio Ambiente, respectivamente.

O contrato deberá formalizarse nas vindeiras semanas, unha vez remate o proceso de selección. Este realizase a través das persoas inscritas no SEPE como demandantes de emprego, e o Tribunal encargado de seleccionar ás persoas que desempeñarán ambos postos empezarán a partires da semana que vén, a valoración dos méritos.

28 sep 2020 / 10:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.