Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Volta o día 19 a Silleda a Romería da Rapazada

Silleda. A Romaría da Rapazada celebra a súa trixésimo segunda edición o domingo día 19. A cita, no recinto da Saleta, en Siador, contará con actividades xa clásicas e terá como lema Volta a nosa festa. Así, tras dous anos de silencio, esta xornada que tamén vira o seu nome cara a un título máis inclusivo, regresa ao calendario silledense con actividades pensadas para @s mais pequen@ da familia.

Esta festa singular e única, onde a cativada é a protagonista, arrancará ás 11.00 horas coa apertura de obradoiros, inchables e actividades multiaventura, que continuarán durante toda a xornada. Entre os obradoiros figuran un de tatuaxes temporais, de maquillaxe, de pulseiras, de chapas, animais móbiles, e outro de gorros divertidos coordinado este último pola Anpa Raparigos. Os nenos poderán desfrutar este ano con outras actividades pedagóxicas como son o espazoludoteca –para os máis pequenos-, e actividades de igualdade na área violeta.

A Romaría do Rapaz contará de novo cunha tirolina de grandes dimensións, con 100 metros de percorrido, e o tobogán xigante Río Bravo de 60 metros. A zona multiaventura contará tamén cun rocódromo, catro xogos inchables e cas bolas zorbing. s. e.

11 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.