Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Volve a Siador o día 27 a Romaría do Rapaz en formato máis breve

SILLEDA. A Romaría do Rapaz volverá a Siador, en Silleda, o vindeiro domingo día 27, nun formato distinto, con só dúas actividades. A xornada contará cunha carreira de orientación pola mañá, dirixida por Xesta Natureza, e cun espectáculo de circo aéreo pola tarde. En canto á carreira, esta será a segunda vez, tralo éxito da cita de 2019, que se celebre unha proba deste tipo en Silleda. Discorrerá polo entorno de Siador, onde se atopan especies emblemáticass como a sobreira (unha das ábores senlleiras de Galicia), ou o pazo de Sestelo. As inscricións para a proba, de balde, poden facerse de xeito individual ou en grupo. O prazo está xa aberto e rematará o vindeiro xoves día 24. O espectáculo, gratuíto, será no anfiteatro, e correrá a cargo de Desastronauts. Raquel Veganzones e Girisho Gordon son os protagonistas desta aposta. C.E.

06 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.