Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Yosi podería quedarse sen capa da Orde do Cocido

Compromiso exixe a Crespo que esta lle sexa retirada após ser condeado o vocalista de Los Suaves por un delito de violencia machista

O vocalista do grupo de rock ourensán Los Suaves, José Manuel Domínguez Álvarez, coñecido popularmente como Yosi foi un dos comendadores da Orde de Cocido na LII edición da feira gastronómica que se lle da a este plato na localidade dezá. Domínguez recibiu a súa capa das mans do rexedor Xosé Crespo, xunto a outros ilustres como José Luis Martínez Almeida, alcalde de Madrid, ou Benedicta Sánchez, gañadora do Goya a mellor actriz revelación o pasado ano por “O que arde”.

Crespo dixo no seu momento que era “unha honra” facer entrega desta distinción a “ Yosi, unha lenda do rock nacional”.

Hoxe, sete meses despois, Compromiso por Lalín exixe ao Goberno local que esta distinción lle sexa retirada, após ser condeado o vocalista de Los Suaves por un delito de violencia machista tras ter acosado telefonicamente á súa ex-parella.

O músico, de 72 anos, tivo un xuízo rápido por estes feitos ocorridos o ano pasado e denunciados pola muller, á que non poderá achegarse durante oito meses.

Estes feitos valen para que Compromiso por Lalín pide a inmediata retirada de honores a Domínguez Álvarez “Yosi” por parte do Concello de Lalín, e esixe ademais que o faga o Goberno local de motu propio, porque do contrario levarao por urxencia ao Pleno do vindeiro venres.

“Lalín debe ser un Concello exemplar, e en caso de situacións coma esta, inmediatamemte retirar honores a quenes demostran non ser merecentes de eles”, sentencia o comunicado difundido polo partido da oposición.

23 sep 2020 / 16:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.