Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Afirman que centos de orosáns queren recuperar as múltiples paradas do bus no Hórreo

Dende o Concello critican que a Xunta decidira unilateralmente que o transporte metropolitano faga unha soa

O Concello de Oroso asegura que comprende e apoia as queixas da veciñanza con respecto aos cambios nas liñas do transporte metropolitano, realizados sen consulta previa aos municipios afectados. Tamén lembran que dende a administración local aportan cada ano unha partida próxima aos 15.000 euros a este servizo xestionado pola xunta, e que son moitos os veciños que usan cada día as liñas, sobre todo para trasladarse a Santiago de Compostela.

Dende a administración local socialista critican que este ano, “sen consulta previa, a Xunta cambiou os percorridos das liñas, xa que agora só fai unha parada na rúa do Hórreo en Santiago, cando os autobuses sempre facían varias paradas para facilitar o traslado de estudantes e traballadores”, suliñando o rexedor Manuel Mirás que “non hai dereito e apoiamos á veciñanza, desde o concello tomaremos todas as medidas que sexan necesarias para que as liñas e os servizos sigan igual”, advirte.

Ademais do percorrido por Santiago, cambiaron tamén os que facían sempre os autobuses polas tardes, que chegaban ata a urbanización Porto Avieira e outras parroquias e agora non o fan, deixando a todos os usuarios en Sigüeiro. Nas últimas horas, “centos de veciños e veciñas expresaron o seu malestar e o concello apoia as súas reivindicacións”, xa que é un servizo que supón un investimento anual importante para darlle un bo servizo aos orosáns, rematan fontes municipais.

21 sep 2020 / 19:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.