Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alertan polo estado da rede de saneamento en Melide

Melide. O PP de Melide denuncia a falta de mantemento na rede de saneamento e a total neglixencia “por parte tanto do acalde como do tenente alcalde ao seren ambos os dous responsables da carteira de obras”. “Puidemos comprobar como numerosas tapas de fundición faltan de pozos de saneamento de profundidade considerable polas que calquera neno ou nena, así como mascotas, collen perfectamente, sen sinalización algunha e a ceo aberto” sinalan os populares.

“Esta é a política da que presume o tenente alcalde mellor pagado de Galicia, J. A. Prado: perigosidade, falta de mantemento e total deixadez que pode dar lugar a neglixencia por parte do goberto bipartito municipal”. Os populares mostran a súa preocupación pola perigosidade que supón ter estas infraestruturas cun nulo mantemento. “Nalgúns casos as tapas non existen ou estan rotas, pero para disimular a falta de mantemento incluso se lles poñen pedras de grande tamaño enriba para evitar que a insidia sexa tan patente; noutros, simplemente, desaparecen, creando un perigo engadido para vehículos e viandantes, que pode desembocar nunha desgraza” puntualiza a portavoz do PP, Dalia García. arca

04 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.