Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Apoio autonómico á humanización dos núcleos de Papucín e Fonte Santaia

frades. A Xunta e o Concello de Frades levarán a cabo xuntos a humanización dos núcleos de Papucín e Fonte Santaia, cun investimento de máis de 156.000 euros. Con este obxectivo, a intervención centrarase nas vías que conducen aos centros de ambas parroquias, onde se habilitarán sendas peonís, se introducirán canalizacións e o alumeado público e se colocará unha estrutura para cubrir os contedores de lixo. O Consello da Xunta autorizou este xoves a sinatura do convenio de colaboración que permitirá acometer e incorporar ao patrimonio municipal as obras resultantes. O ámbito de intervención, cunha superficie de 1.406 m2, correspóndese cos viarios existentes no lugar da Igrexa, en Santa María de Papucín, e coa zona comprendida entre Fonte Santaia, As Corredoiras e A Igrexa, en Santaia de Moar. arca

26 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.