Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arranca mañá a primeira xornada do Mercamelide

Melide. Mañá arranca a primeira xornada da feira de stocks Mercamelide no Cantón de San Roque. Un evento que continuará durante a fin de semana. Para amenizar a xornada de compras o Concello ten preparadas este ano varias actuacións musicais.

Así, mañá venres Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre actuarán ás 22.00 no aparcadoiro situado detrás da Capela de San Roque. Ao día seguinte será o turno da Banda da Loba, que estará ás 22.00 na Praza do Convento. Pechará a feira de oportunidades a osquestra Garufa Blue devils Big Band, ás 21.00 no aparcadoiro municipal. Para os concertos de Xabier Díaz &Adufeiras de Salitre e da Garufa Blue Devils Big Band será preciso reservar entrada en www.ataquilla.com. C.E.

12 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.