Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arzúa busca pór en valor o patrimonio arqueolóxico a través de Castro Curbín

Arzúa. O Concello de Arzúa está a programar unha escavación da man do grupo de investigación “Sincrisis Investigacións en Formas Culturais”, da Facultade de Historia da USC, para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico de Arzúa cun proxecto de investigación e divulgación arqueolóxica de Castro Curbín. Un xacemento arqueolóxico cun excelente estado de conservación e que permitirá obter información e coñecementos sobre as formas de vida das comunidades do pasado no interior galaico, unha rexión habitualmente esquecida dentro da Prehistoria galega. Para levar adiante este proxecto, Begoña Balado, concelleira de Turismo, mantivo reunións con técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta para presentarlles a iniciativa e solicitar a súa axuda para acometer este outono unha primeira escavación. C.E.

10 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.