Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arzúa mellora as áreas vinculadas ao Camiño de Santiago

Xa finalizaron os traballos de tratamento das pontes de Ribadiso // Están case rematados os da praza ubicada fronte á Oficina de Turismo

O Concello de Arzúa está a piques de dar por finalizados os traballos de mantemento postos en marcha nas áreas vinculadas ao Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio. Uns labores que foron posibles a través do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia para actuacións de mellora paisaxística e de promoción do Xacobeo 2021 no Camiño Francés.

Entre as distinas obras que se puxeron en marcha destacan, por unha banda, as de conservación das madeiras e reposición das partes rotas nas diversas áreas do Camiño. Neste punto hai que resaltar os traballos de tratamento das pontes de Ribadiso, que xa finalizaron. O goberno municipal destinou a esta finalidade un total de 12.347 euros, que en palabras da concelleira de Turismo, Begoña Balado, “permitiron realizar uns traballos importantes de cara á conservación dun dos nosos patrimonios máis prezados: o Camiño de Santiago”.

Dentro do convenio están inluídas tamén melloras na praza que hai diante da Oficina de Turismo. As obras, que finalizarán nestes días, permitirán adecentar este pequeno espazo ao renovarse a pérgola de madeira e o entramado para a planta que ocupa a zona central. Asemade, segundo Balado, cambiarase a papeleira e reorganizaranse os sinais indicativos existentes no lugar. A actuación contempla tamén o cambio das lámpadas das tres farolas por tecnoloxía Led.

“Estes traballos de mantemento son moi necesarios para a conservación do noso patrimonio e para procurar a súa supervivencia ao longo do tempo”, manifesta a concelleira de Turismo. Por certo que o Concello acaba de substituír as antigas luces da Praza de Galicia por tecnoloxía Led, máis eficiente, e destinouse a este cometido un total de 7.616 euros.

11 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.