Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arzúa mostra o patrimonio e a súa paisaxe creando unha web turística

Os textos poden lerse en galego, castelán ou inglés para acceder así a público internacional

Arzúa. Con ánimo de darlle cobertura á demanda de información sobre a oferta turística que reclaman os visitantes que se achegan ata a vila de Arzúa para coñecer a súa paisaxe e o seu patrimonio cultural, a concellería de Turismo, que dirixe a edil socialista Begoña Balado, acaba de activar unha nova web: turismoarzua.gal.

A través da mesma logran darlles visibilidade aos recursos turísticos cunha gran cantidade de fotografías, acompañadas de textos explicativos que poden ser seleccionados en galego, castelán ou inglés. “Con esta ferramenta búscase acceder ao público, tanto de orixe nacional coma internacional, que tradicionalmente cruza o territorio do concello peregrinando a Compostela por algún dos camiños de Santiago”, explican fontes municipais.

A distribución de contidos na páxina pretende ser intuitiva para facilitar a navegación pola mesma. A oferta de restauración e a hostalaría ten unha presenza destacada a través dunha completa guía de ocio, co obxectivo de que os visitantes que se acheguen a Arzúa poidan facer a súa reserva nalgún dos seus establecementos para descansar ou degustar a súa gastronomía. Para facilitar a accesibilidade á web de turismoarzua.gal a concellería de Turismo vai a distribuír polos distintos locais da vila material informativo trilingüe cun código Qr que dará entrada ao portal dixital.

Outra das novidades é a presenza de mapas interactivos que amosarán os principais activos turísticos. C.E.

25 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.