Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arzúa reactiva o comercio cunha nova campaña

ARZÚA. Aínda están a tempo de anotarse á campaña ‘Arzúa, a tua tenda’ todos os establecementos do municipio que queiran participar nesta iniciativa que nace para reactivar o pequeno comercio. O Concello, en colaboración coa AECA (Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa) vai emitir uns bonos que terán un custe 30 € e cos que se poderán mercar produtos de ata 50 € nos establecementos da vila asociados. Poderán gastarse ata o día 12 de marzo. De momento aínda non están en funcionamento, posto que se atopa aberto o prazo para que se anoten os locais. Os comerciantes e hostaleiros interesados deben contactar coa AEC para sumarse a esta iniciativa. C.E.

13 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.