Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arzúa usa códigos QR para orientar mellor ós turistas

ARZÚA. Tras a posta en marcha do portal web de Turismo do Concello de Arzúa, o goberno local lanza unha nova iniciativa de promoción turística na que facilitará a todos os establecementos hostaleiros, casas rurais, albergues e restaurantes, un vinilo que conterá un código QR mediante o cal todas as persoas que visiten a vila poderán acceder directamente á web www.turismoarzua.gal e atopar información acerca da súa historia, patrimonio, espazos naturais, cultura, aloxamentos ou restaurantes. “En Arzúa crúzanse tres rutas do Camiño e o noso obxectivo é que sexa un destino turístico, posto que ten moito que ofrecer”, sinalou a concelleira Begoña Balado. A. P.

28 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.