Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As paredes das rúas con nome de literatos de Fonte Díaz vístense de cor

Este proxecto, creado pola arquitecta Sandra González, terá lugar entre os días 9 e 13

Touro. O Concello de Touro acollerá do 9 ao 13 de agosto (en horario de 10.00 a 14.00) A Vila do Mañá, un proxecto educativo que pretende transformar a imaxe da localidsde de Fonte Díaz coa implicación da veciñanza moza, a partir dos 10 anos. Traballando a literatura galega é o título que leva esta iniciativa que intervirá no espazo urbano a través de graffitis feitos nas paredes, muros e balados das rúas que levan o nome de literatos galegos: Rúa Castelao, Rúa Rosalía de Castro, Rúa Blanco Amor, Rúa Martín Codax, Rúa Eduardo Pondal, Rúa Ramón Cabanillas e Rúa Curros Enríquez.

Sandra González, creadora e arquitecta do proxecto, presentou onte en Fonte Díaz esta iniciativa que pretende que a mocidade de Touro tome conciencia de todas as escalas do común: a arquitectura, o patrimonio, o urbanismo e a paisaxe. “A nosa intervención pretende que Galicia teña vilas, entre elas Fonte Díaz, máis sostibles e comprometidas”. A Vila do Mañá, que comenzou a súa andaina no ano 2016 en Rianxo, pretende “xerar nos participantes que nos acompañen unha nova identidade”, engadiu Sandra González. “Para o Concello de Touro temos un proxecto propio, onde os graffitis e a literatura galega serán os protagonistas”, engadiu. A concelleira Adela Iglesias valorou que os máis novos “estén presentes de forma activa nos procesos de construción do espazo común”. Para participar (hai 40 prazas) hai que inscribirse no 981 814566 e 981 504029 e tamén en cultura@concellodetouro.gal. C.E.

03 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.