Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Bonos ata o 12 de marzo en apoio ó comercio local

Arzúa. Dende o pasado día 1 os veciños e veciñas de Arzúa poden adquirir na sede da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (Aeca) os bonos postos en marcha no marco da campaña Arzúa, a túa tenda. Trátase dun proxecto creado polo goberno local xunto coa mencionada asociación para axudar aos pequenos negocios, e que consiste na compra de vales por 30 euros cos que se poderán mercar produtos de ata 50 € nos locais adheridos.

Son un total de 38 os negocios arzúans que se uniron a esta iniciativa, que trata de pór en valor aos comercios locais nuns momentos nos que o sector está gravemente afectado por mor da pandemia do coronavirus.

O límite para gastalos abranguerá ata o vindeiro día 12 de marzo e será compatible co período de rebaixas, segundo lembran fontes municipais. É por iso que dende a Corporación animan a todos os veciños e veciñas da vila, que aínda non o fixeran, a adquirir estos bonos que ademais de permitirlles aforrar nas compras, contribúen a apoiar aos pequenos establecementos do municipio. A.P.

24 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.