Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Buscan xente para limpar o río Furelos neste verán

Melide. A Asociación de Troiteiros Río Furelos (de Melide) fai un chamamento a todos os voluntarios e voluntarias para que se animen este ano a colaborar no programa Xornadas de Limpeza do Río Furelos e Afluentes. Terán lugar os vindeiros sábado 27 de agosto e 3 e 10 de setembro, en horario de 09.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Ao longo dos anos, a asociación ten asumido unha política rigorosa de prevención e defensa do río e do medio ambiente e con esta iniciativa busca contribuír “á preservación do río e da súa biodiversidade e riqueza piscícola”, indican dende a entidade. “Porque amar ao río Furelos está en máns nosas, participa, colabora e contribue por un ben que é de todos e todas”, engaden dende a asociación.

Segundo indican “os voluntarios teñen que traer a roupa e calzado adecuado para participar nas Xornadas de Limpeza, todo o demais xa está a cargo da organización”, din. Ao remate de cada xornada matutina haberá un xantar a cargo da organización no mesmo río Furelos e no remate do serán darase a cada participante un bocadillo e agasallos (unha camiseta, biseira e pin conmemorativos). Hai que anotarse no 696 607 348 ou no e-mail: asociaciontroiteiros@gmail.com. C.E.

26 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.