Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cabalgata en Trazo nos últimos momentos ante as peticións veciñais

Segundo o Concello decidiron celebrala tamén pola baixa incidencia da COVID

Trazo. O Concello de Trazo tiña decidido en principio, segundo lle fixo saber a este xornal a rexedora Fina Suárez, non celebrar a tradicional Cabalgata de Reis. Iso si, a ausencia deste acto quedaba compensado coa gran cantidade de actividades que se puxeron en marcha durante as vacacións da cativada, e tamén co programa de conciliación. Non obstante, ao final Trazo tivo cabalgata.

“As carrozas percorreron todo o municipio e tivo un enorme éxito a iniciativa entre os nenos e os maiores a pesar da situación actual”, sinala a alcaldesa. “Logrou pór a nota alegre”. Segundo asegurou Fina Suárez a decisión que se tomou nos últimos momentos de levar a cabo o desfile dos Reis Magos foi en gran parte debido as numerosas peticións que chegaban ata o Concello dos pais. “Foron moitos os veciños que nos preguntaron se íamos facer algo para os nenos o día 5”, comenta a rexedora.

Non obstante, este non foi o único motivo polo que o goberno local decidiu organizar a visita dos Magos de Oriente. “Sempre estamos moi pendentes da evolución da COVID e ao constatar que temos unha incidencia baixa, decidimos organizala”. Asemade tamén estiveron moi atentos ás temperaturas, dado que o día do desfile había unha gran xeada e incluso retrasaron unha hora a chegada das Súas Maxestades.

Tamén foron un éxito, segundo achegan dende o Concello, as actividades programadas durante todo o Nadal para os pequenos e pequenas. Todas, a excepción do obradoiro de cantos do día 2, tiveron o aforo completo. Hai que lembrar que a rapazada aprendeu a elaborar galletas de Nadal e divertiuse con actacións de títeres, maxia e teatro. Para o Entroido prevense máis propostas se a situación o permite. A.PRADA

08 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.