Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Cambios no Goberno de Oroso para afrontar a segunda metade da lexislatura

Nesa reordenación de competencias, o alcalde asume as de Economía e Facenda, Urbanismo, Seguridade Cidadán, Tráfico e Protección Civil

Coa vista posta na segunda metade da lexislatura, e co reto de recuperar a normalidade tra-la pandemia do COVID, o Goberno de Oroso vén de reordenar as competencias dos seus membros. Deste xeito, ademais de facerse cargo da alcaldía, o rexedor, Luis Rey Villaverde, ocuparase das concellarías de Economía e Facenda, Urbanismo, Seguridade Cidadán, Tráfico e Protección Civil.

Mentres, o novo edil, José Calvo Rey, asumirá as competencias de Obras, Servizos e Medio Ambiente. Antonio Leira será concelleiro de Deportes, Promoción Económica, Emprego, Camiño de Santiago e Comunicación; Vanesa Boo de Cultura, Comercio, Industria e Actividades Lúdicas, e Isabel Fernández de Mulleres, Ensino e Benestar Social.

Beatriz Rodeiro terá as responsabilidades de Sanidade, Réxime Interior, Persoal, Patrimonio, Voluntariado, Xuventude e Mobilidade, e Javier Grela será concelleiro de Relacións Veciñais, Parroquias, Medio Rural e Xardíns.

Nunha carta remitida aos veciños, o novo alcalde incide en que o seu primeiro obxectivo será “axudar en todo o que poida para deixar atrás a COVID e recuperar a normalidade. Dentro das nosas competencias, continuaremos impulsando medidas e axudas para reactivar a economía e axudar aos sectores máis afectados pola pandemia. Nunca é suficiente, somos moi conscientes”, engade.

10 jun 2021 / 12:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.