Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Chegan ata Asetem as axudas aos comercios

A asociación de Melide é unha das beneficiarias dos apoios por 250.000 € na comarca

A Xunta de Galicia está a apoiar aos pequenos establecementos comerciais, un dos sectores máis afectados pola pandemia. Onte o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo un encontro cos representantes da asociación Asetem (Asociación Empresarios Terra de Melide), unha das beneficiadas polas ordes de axudas dirixidas a asociacións de comerciantes, centros comerciais abertos (CCA) e federacións para a revitalización do comercio de proximidade.

O Goberno galego vén de conceder apoios por máis de 250.000 euros a oito entidades e federacións de comerciantes da área de Santiago para impulsar a competitividade do sector. Na comarca santiaguesa a Xunta dará apoio a oito centros comerciais abertos, concretamente, en Santiago, Arzúa, Melide e Ordes, cunha subvención que supera os 173.000 euros. Estas achegas destínanse a proxectos que inclúan iniciativas de dinamización comercial, sistemas de fidelización, sinalización externa ou mellora da competitividade comercial, entre outros.

Asemade crearanse sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, con axudas para a posta en marcha de solucións dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados e para a mellora e modernización da imaxe do centro comercial aberto, a implantación e remodelación do portal web do CCA ou márketing dixital. Cada entidade pode obter apoios de ata 40.000 euros, en función do número de comercios asociados e a poboación da localidade na que estean situados.

Dentro das subvencións destinadas a prazas de abastos, recibiu achegas a asociación de profesionais da praza de Padrón por un total de máis de 9.800 euros. Ademais de proxectos de fidelización, sinalización, dinamización e competitividade, as prazas de abastos poderán desenvolver iniciativas relacionadas coa mellora de instalacións e equipamentos. Como novidade, tanto os centros comerciais abertos como as asociacións de praceiros puideron optar a apoios para a posta en marcha de market places.

20 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.