Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Concurso literario en prol da igualdade de xénero

MELIDE. O Concello de Melide vén de crear o I Premio de relato curto en prol da igualdade, un certame literario que busca sensibilizar sobre a igualdade de xénero. Todos aqueles que desexen participar deben saber que os relatos teñen que estar escritos en galego e versar sobre calquera aspecto relacionado coa muller. Cada participante só poderá presentar unha obra, pero iso si, con cinco copias, baixo a modalidade de relato curto. A extensión mínima será de 5 folios e a máxima de dez. Deberán enviarse ao enderezo Concello de Melide (departamento de Cultura), praza do Convento, n.º 5, 15800 Melide. O prazo de presentación remata o 2 de maio e a decisión do xurado coñecerase o 17. Outorgaranse tres premios económicos: un primeiro de 350 €, un segundo de 200 e un terceiro de 150 €. Dende o Concello lembran que os relatos premiados quedarán a disposición do goberno local, os restantes poden recollerse no departamento de Cultura. A.P.

14 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.