Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Dani Polo encandilou aos veciños de Touro co seu novidoso espectáculo ‘Enmaxiarte’

Touro. O veciños de Touro puideron esquecer momentanamente a difícil situación que atravesamos grazas ao mago Dani Polo, recoñecido por quedar finalista no programa de Televisión Española Pura Magia. Lamentablemente, por motivos de seguridade, o aforo reduciuse a tan só trinta persoas. Un número de postos que, segundo dixeron dende o Concello, quedou “pequeno”.

O artista presentou o seu novidoso espectáculo Enmaxiarte na casa da cultura, no marco do programa Touro a escena polo novembro. Dani Polo deixou admirados aos asistentes cos seus trucos de maxia, e tamén polos orixinais efectos e pola excelente posta en escena. Misturáronse durante a mencionada función a maxia participativa, o humor e as ilusións impactantes.

Este mesmo mes está programado outro espectáculo. Baixo o nome de Saaabor!, Félix Rodríguez e Fran Rei achegarán ata a vila unha actuación cómica que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. As propostas continuarán en decembro. Os Apalpadoriños levarán ata a casa da cultura, o día 18, un concerto de Nadal moi especial, no que participarán Álvaro Cardalda, Iago Prieto, Nelson Quinteiro e Yohel Santos, entre outros.

Rematará o mes cultural cun espectáculo baseado no libro-CD A voar. Un conto para soñar con música para brincar de Cé Orquestra Pantasma. Dende o Concello lembran que hai que inscribirse previamente no teléfono 981 814 566, e acudir con antelación. A. P.

17 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.