Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Denuncian a posible fragmentación dun só parque eólico ordense en dous

Ordes. O BNG de Ordes vén de rexistrar as súas alegacións nas que aprecian un “posible fraude” na tramitación do parque eólico Meirama que promove Naturgy Renovables SLU con trece aeroxeradores e unha potencia de 49,4 MW, e o parque eólico As Encrobas con catro aeroxeradores e potencia de 20 MW. Desde o Bloque expoñen que “tódalas infraestruturas destes dous parques eólicos en tramitación, promovidos por Naturgy Renovables SLU, intégranse nunha área cun radio inferior a 3 km e comparten a mesma subestación para evacuación da enerxía”, o que demostra “a clara intención da promotora en fraccionar en proxectos máis pequenos”. o.d.v.

06 sep 2021 / 15:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.