Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Detalla o programa anual a Asociación de Troiteiros

Melide. A xunta directiva da Asociación de Troiteiros Río Furelos, de Melide, vén de manter unha xuntanza telemática na que se acordou o programa de actividades da entidade para este 2021. Todo “agardando que a pandemia por Coronavirus non nos obrigue outro ano máis a ter que suspendelas”, engade o presidente Xavier Pazo.

Entre as propostas recóllense a mellora da sinalización do couto do río e o mantemento dos accesos; o Campeonato de Pesca Terra de Melide (10 de abril); o Master Campións pesca a Mosca (15 maio); Pesca e Ceiba (5 xuño); os Campamentos de Verán; o Día do Socio o 1 de agosto; unhas xornadas de limpeza, charlas e talleres variados, entre outras.

Dende a Asociación veñen tamén de reunirse por videoconferencia coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto. As sociedades aproveitaron para mostrar a súa preocupación polos vertidos e os furtivos, e tamén para trasladarlle que a firma dos Convenios, debe partir dun 50 % e non do 30 % proposto pola Consellería. C.E.

10 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.