Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Eliminado un vertido de augas en Santo Estevo de Patiñobre, en Arzúa

    ARZÚA. A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais na parroquia de Santo Estevo de Pantiñobre, no concello de Arzúa. Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia. Os inspectores identificaron a orixe do vertido provinte dunha vivenda unifamiliar, no lugar do Pumar, que infiltraba no terreo as augas resultantes da pía para fregar e dun aseo. Augas notificoulle a situación ao titular do inmoble para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar o foco contaminante. Nunha nova inspección, os técnicos verificaron que as actuacións realizadas polo propietario, de recondución das augas do fregadoiro cara a un separador de graxas e cara a unha fosa séptica, permitiron o cese do foco. arca

    04 abr 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.