Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

En marcha unha campaña para revitalizar no Nadal o comercio tordoiés

TORDOIA. Co obxectivo de botarlle unha man ao comercio local nuns momentos tan complicados, o Concello de Tordoia porá en marcha a partir do vindeiro sábado a campaña ‘Xuntos somos máis no comercio local’. Sumáronse un total de 34 negocios a esta iniciativa, a través da cal os consumidores irán conseguindo selos ao facer compras por un mínimo de dez euros nos locais adheridos. Teñen que completar ata seis para poder introducir o cartón nunha das urnas habilitadas e participar no sorteo de tres vales de cen euros para investir nos establecementos da vila. A campaña rematará o 30 de xaneiro. O rexedor, Antonio Pereiro, tamén aproveitou para expresar a intención do Concello de poder retomar toda a actividade cultural tralo Nadal, actualmente suspendida por mor do covid, e asegurou que haberá Cabalgata de Reis. A.P.

18 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.