Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Encara a recta final a Escola de Verán do Pino

O PINO. A Escola de Verán que organiza o Concello do Pino, e que conta coa axuda da Secretaría Xeral de Igualdade e o Xacobeo 21-22, chega á súa última quenda, na que participarán 45 rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos dende este martes ao 7 de setembro. Con actividades divertidas e contidos centrados na natureza e na igualdade, este campamento urbano favorece a conciliación laboral e familiar durante as vacacións escolares. A actividade abriu as súas portas o 23 de xuño ofertando seis quendas (23-30 xuño, 1-15 xullo, 16-31 xullo, 1-15 agosto, 16-31 agosto e 1-7 setembro). Unha media de 65 nenos e nenas por rolda foron ás actividades, sendo a segunda quincena de xullo, con 85 asistentes, a máis demandada dun servizo que tivo un custo de 20 euros a quincena (10 euros en setembro). O Concello do Pino habilitou un desconto para familias numerosas dun 20 % a partir do segundo fillo. A Escola de Verán ten sede no pavillón municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago e abre as súas portas de luns a venres de 8.30 a 14.30. Nas catro quendas xa finalizadas, a rapazada gozou con actividades lúdicas ao aire libre, que cobraron máis presenza na programación como forma de axustarse aos protocolos anti-COVID. Entre as actividades destacaron xogos de auga, accións de educación ambiental e contidos relacionados coa igualdade. c.e.

01 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.