Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 20 julio 2024
09:49
h

Fam Trip con saída en Arzúa da man do GDR Ulla Tambre

Arzúa. Durante este ano o GDR Ulla Tambre Mandeo dedicou os fondos de promoción turística do convenio do Xeodestino á promoción do territorio como destino cicloturista. A través dun completo estudo técnico analizáronse os recursos que pode ofrecer para os turistas en bicicleta e deseñáronse dúas novas rutas de longo percorrido na contorna do Ulla.

Este mércores 30 terá lugar (entre as 9.30 e 19.00) o Fam Trip Cicloturismo nas Terras do Ulla e do Tambre, con saída en Arzúa. A xornada está dirixida a operadores turísticos, axencias de viaxes, empresas de actividades de aventura na natureza e bloggers de viaxes en Galicia. As persoas asistentes participarán en diversas actividades para coñecer a oferta cicloturista do territorio, entre elas, unha ruta en bicicleta no concello de Santiso, unha ruta de sendeirismo en Vilasantar e unha visita cultural en Sobrado dos Monxes.

Este fam trip forma parte do conxunto de actuacións desenvoltas polo GDR, entre elas, un servizo de asesoramento ás axencias para que coñezan a oferta do territorio como destino de cicloturismo ou a edición dunha guía. C.G.

29 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.