Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Finalizan os traballos de mellora da senda que une Sigüeiro e Gándara

OROSO. O Concello de Oroso vén de finalizar os traballos de humanización, acondicionamento e limpeza da senda que une Sigüeiro coa parroquia de Gándara. Estas obras, impulsadas polo goberno local, permitirán aumentar a seguridade dos peóns nos seus desprazamentos. Os traballos, que acondicionaron un tramo de 1,5 quilómetros, incluíron a colocación de céspede artificial na senda. Ademais, procedeuse á limpeza da vía, moi transitada polos veciños e veciñas dos núcleos de poboación que une. Estas tarefas súmanse á recentemente terminada senda peonil que une Oroso Pequeno co parque fluvial do Carboeiro. “Os veciños e veciñas gozan dela para pasear a diario, pero tamén conta cunha notable presenza de peregrinos, xa que o Camiño Inglés discorre por ela”, subliña Antonio Leira, concelleiro de Turismo. maría rendueles

15 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.