Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Formación en dixital dirixida ás mulleres da vila de Arzúa

Arzúa. O Concello de Arzúa, a través do seu Centro de Información ás Mulleres, acollerá o programa da Xunta de Galicia Muller Dixital, que ten por obxectivo formar a mulleres desempregadas ou en mellora de emprego en accións formativas para a adquisición de competencias dixitais.

O Programa, financiado pola Unión Europea, no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, procura a mellora das capacidades dixitais das persoas desempregadas para impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero.

Os contidos dos cursos, que poderán ser de competencias dixitais básicas, avanzadas e de iniciación ás mesmas para o emprendemento, atenden ás competencias dixitais recollidas no Marco Europeo de Competencias dixitais para a Cidadanía. A presentación do programa realizarase este venres 4 de novembro ás 12.00 horas na aula CeMIT. Ese mesmo día poderase facer a inscrición no programa e unha proba de nivel. Por iso, para poder anotarse, deberase acudir coa demanda de emprego ou de mellora de emprego e o DNI ou NIE. Para obter máis información ao respecto hai que chamar ao 981 501 101. c.e.

02 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.