Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Formación en Música ou Historia para os melidenses maiores de 50

O Concello adheriuse ao pograma Camiños de Coñecemento e Experiencia da USC

Melide. O Concello de Melide en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela impulsa unha nova iniciativa de participación a través do programa Universitario de Maiores IV CICLO, dirixido á veciñanza de máis de 50 anos da vila. O proxecto preséntase baixo o título Camiños de Coñecemento e Experiencia. Trátase dun espazo de encontro e formación entre a Universidade e o goberno local de Melide, a través do cal os maiores de 50 que desexen participar desfrutarán da aprendizaxe en distintas áreas de coñecemento, como son o ámbito da historia, a música e o medio ambiente.

A formación desenvolverase en sesións de noventa minutos no multiusos, en horario de tarde de 16.30 a 18.00h, impartíndose sesións expositivas, interactivas, e tamén prácticas, que se concretan en visitas e concertos. O proxecto celebrarase no municipio os días 7,9, 12,13,14 e 15 do próximo mes de abril. Hai ata o 31 de marzo para anotarse.

Achegar ao alumnado ás fontes fundamentais que o historiador emprega á hora de investigar e construír a historia, o mundo artístico musical, ou as repercusións do cambio climático son algúns temas a tratar. A.P.

18 mar 2021 / 18:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
USC
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.