Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Frades activa o servizo bono-taxi para traslados sanitarios da veciñanza

frades. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o taxista local Juan Carlos Andrade Gómez veñen de asinar un convenio de colaboración para poñer en marcha o servizo de bono-taxi. Trátase dun servizo que ofrece desprazamento de balde para acudir a citas médicas programadas en centros sanitarios do Sergas dentro da provincia da Coruña. Unha convocatoria que está aberta de forma permanente nos Servizos Sociais do Concello (981 695 567). Está dirixida a persoas que vivan soas, teñan máis de 65 anos ou sexan maiores de idade cunha discapacidade recoñecida igual ou superior do 65 %. Tampouco poderán dispoñer de vehículo propio (ou estar imposibilitadas para conducilo) e deben poder utilizar transporte público non adaptado. Economicamente pídese que se carezan de ingresos superiores ao 85 % do IPREM. s. e.

06 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.