Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 18 septiembre 2021
23:02
h

Frades aproba os seus orzamentos do ano por dous millóns e medio

Frades. O pleno municipal de Frades, reunido en sesión extraordinaria, desestimou a alegación presentada por Unión Sindical Obrera e aprobou definitivamente os orzamentos para 2021, que ascenden a 2.467.645,46 euros, un 15,94 % máis ca en 2020 (2.135.721,06 €). As partidas que máis medran son as destinadas a gasto social (+54,56 %) e investimentos reais (+37,41 %). O alcalde, Roberto Rey, xustificou a desestimación da alegación en que “non está fundamentada en ningún dos tres supostos para presentar reclamacións contra o orzamento contemplados no artigo 170 da Lei Reguladora das Facendas Locais”, indicou.

Hai que destacar que este ano os Servizos Sociais municipais contan cunha achega a maiores de 112.502,68 euros do POS+ Adicional, destinado a financiar medidas de atención a persoas vulnerables e á eliminación de barreiras arquitectónicas. A.P.

06 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.