Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Frades aproba uns orzamentos que aumentan o gasto social e en obras

Frades. O pleno de Frades aprobou os orzamentos para 2021, que ascenden a 2.467.645,46 euros e que “garanten a eficacia na xestión, o equilibro de contas, o pago a provedores e incrementan a inversión en obras e servizos sociais a través das achegas á Mancomunidade de Ordes”, segundo explicou o alcalde, Roberto Rey Martínez. Unhas contas que saíron adiante cos sete votos a favor do grupo de goberno do PP e as catro abstencións de PSOE e BNG.

Dúas das partidas que máis medran con respecto ao ano anterior son as destinadas a gasto social (+54,56%) e investimentos reais (+37,41%). Así, o alcalde sinalou que “este ano aumentaremos as axudas ás asociacións sen ánimo de lucro no municipio e as achegas á Mancomunidade de Ordes” para a prestación dos servizos sociais así como o presuposto “para participar nun novo obradoiro de emprego e para financiar a achega municipal a un segundo plan PEL-Reactiva de axuda a microempresas e persoas autónomas”, sinalou. Entre as obras destaca especialmente a parte destinada a construción do centro sociocomunitario de Ponte Carreira, froito dun convenio entre o Concello e Política Social. A.P.

27 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.