Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Frades avisa á veciñanza de que aínda quedan dez composteiros de 390 litros por solicitar

Frades. O Concello de Frades forma parte do programa de compostaxe doméstica de Sogama dende marzo de 2019. No momento da adhesión o municipio recibiu 25 composteiros de 400 litros e outros tantos manuais didácticos para que as familias solicitantes aprendesen a usalos. Asemade, técnicos de Sogama impartiron un curso formativo.

O resultado foi un éxito, de maneira que solicitaron 25 composteiros máis ese ano. En agosto de 2020, ante as peticións dalgunhas familias durante o confinamento, acordouse estender o programa a outras 25 novas vivendas (de forma que sumarían un total de 75). O Concello recibiu os 25 composteiros, nesta ocasión de 390 litros de capacidade, e tamén feitos con material reciclado e reciclable. Xa se repartiron 15, polo que aínda quedan dez dispoñibles que poden solicitarse na casa consistorial ou chamando ó 981 695 567.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, amósase satisfeito do desenvolvemento deste programa porque “trae consigo importantes vantaxes ambientais, económicas e sociais, tanto para as familias como para o propio concello, que ve reducida a factura a Sogama”, sinala. A.P.

04 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.