Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Frades prevé iniciar en xaneiro cursos e clases de ximnasia

A crise sanitaria obrigará a atrasar o arranque de disciplinas como pilates ou zumba // Siguen en pé as actuacións de Xarope Tulú e Pakolas

O Concello de Frades ten xa programadas as actividades deportivas e culturais para os vindeiros meses. Iso sí, dende o Concello informan que tanto as propostas de ximnasia para adultos como os cursos e obradoiros “se atrasarán ata que a situación sanitaria mellore e permita a súa realización con total seguridade”. A idea, sinalan fontes municipais “era comezar en novembro, pero o máis seguro é que haxa que agardar ata xaneiro, como coas actividades dos nenos e nenas”.

A pesar do retraso que sufrirán as propostas, o goberno local informa que os interesados xa poden anotarse no teléfono 981 695567. Advirten que o prezo se adaptará en función dos meses que se desenvolva a actividade.

Dentro das iniciativas deportivas dirixidas a adultos, o Concello de Frades ten previsto desenvolver clases de pilates, zumba e ximnasia de mantemento. Esta última está dirixida especialmente para as persoas maiores.

Tamén se organizarán, en canto a situación o permita, varios cursos: un de poda e enxertos, de sulfatos ecolóxicos (para identificar as pragas e enfermidades máis frecuentes), de manipulación de alimentos e de informática ( internet e paquete básico de Office).

No caso dos máis pequenos, o Concello ten preparadas tamén varias actividades deportivas: zumbakids, escolas de iniciación e perfeccionamento á patinaxe, clases de debuxo e pintura e un curso de mecanografía. Prevén tamén pór en marcha talleres de benestar animal, cestería, cociña, repostaría creativa ou arte floral, entre outros.

O Concello ten programada tamén a ruta Vía da Prata, e o espectáculo Rilla, rilla na lingua (Xarope Tulú) que será o vindeiro día 14 deste mes no multiusos. Asemade o 27, e para conmemorar o Día contra a violencia de xénero, toda a familia poderá desfrutar co espectáculo musical Rockeamos todos con Pakolas, que terá lugar tamén no multiusos, ás 17.00 horas.

03 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.