Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Frades rozará 10,5 hectáreas para evitar os lumes forestais

Frades. O Concello de Frades vén de incorporar unha brigada municipal de Prevención e Defensa contra Incendios que ten previsto rozar 10,5 hectáreas de masas comúns e terreos municipais. Uns traballos de roza que, indicaron dende o goberno local, se estenderán durante todo o verán.

A brigada está composta por cinco persoas: un xefe de brigada, un peón condutor e tres peóns de brigada. “A súa función será realizar labores de prevención de lumes forestais, sempre que non sexan requiridos para a defensa destes”, explica o concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro. Os traballos deron comezo esta semana pola parroquia de Gafoi.

Esta iniciativa é posible grazas a un convenio de colaboración do Concello de Frades coa Consellería do Medio Rural, que supón un investimento de máis de 36.000 euros. Un acordo que o ano pasado permitiu rozar outras dez hectáreas de masas comúns, como medida preventiva contra os lumes. E é que os incendios que asolagan Galicia ultimamente fan que este tipo de iniciativas sexan urxentes. c.e.

09 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.