Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Labores na piscina e abastecemento de auga en Arzúa

O Concello vai destinar preto de 150.000 euros a servizos básicos // Realizaranse propostas para incentivar as compras no comercio local

O Concello de Arzúa vai destinar preto de 150.000 euros para pór en marcha varias actuacións básicas para o benestar da veciñanza. Uns traballos que será posible realizar en breve grazas ao seu finanzamento a través do remanente de Tesourería.

Entre os labores máis urxentes hai que destacar os encamiñados a renovar a rede de manantiais coa finalidade de mellorar o funcionamento do servizo de abastecemento de auga. “Esta actuación vai abranguer un total de sete quilómetros, nos que se substituirá unha antiga e desgastada canalización de fibrocemento por outra renovada de fundición”, sinalan fontes municipais. Investiranse 47.248 euros nas actuacións.

Parte do aforro acadado polo goberno municipal permitirá tamén realizar unha serie de melloras nas instalacións da piscina climatizada. O rexedor, José Luis García, explica que entre os labores está acabar coas filtracións de humidade que a instalación sofre no teito. Destinaranse a esta finalidade un total de 18.150 euros.

O Concello informa tamén que se investirán 23.596 euros nunha actuación no camiño que conduce ao lugar de Outeiro, onde na actualidade existe un muro de mampostería que presenta un importante deterioro na súa estrutura. Pendentes de que dende a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta se dea o visto bo a esta actuación, pretenden acondicionalo realizando traballos de reposición.

Por último, realizarase un plan alternativo ao PEL-Reactiva, que consistirá en emitir tarxetas para canxear por produtos nos negocios locais. Inicialmente habilitouse unha partida de 15.000 euros para incentivar as compras durante o Nadal, pero contémplase facer máis accións neste sentido no futuro, segundo a administración local.

28 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.