Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lavado de cara ao Campo da Feira de Arzúa, onde se está a reparar o estado dos pavimentos

Arzúa. A contorna do Campo de Feira de Arzúa, en pleno casco urbano da vila, está sendo estes días obxecto dunha actuación de mellora coa finalidade de reparar o estado actual dos pavimentos e dar unha solución á zona arborada. Nesta zona conviven unha parte asfaltada e outra de arborado, con carballos, resultando a totalidade da explanada un lugar de aparcadoiro que ao mesmo tempo é o punto no que se celebran as feiras os días 8 e 22 de cada mes, ademais das festas que ao longo do ano se organizan na citada vila.

Os traballos, que estes días está realizando a empresa Espiño, tratarán de dar solución á zona arborada, que está resolta a base de zahorra con zonas de alcorques ao mesmo nivel, presentando numerosas deficiencias ao contar cun uso de aparcadoiro igual ao resto da explanada. Son numerosas as pozas e fochancas que en moitas ocasións fan pouco transitable este espazo, non respectando os alcorques existentes e mesmo, nalgúns casos, danando as árbores a causa dos golpes de vehículos. A actuación, na que se investirán un total de 32.000 euros, permitirá ademais acondicionar a zona asfaltada, moi deteriorada. C.E.

04 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.