Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Laxeiro ‘ingresa’ na Colección de Arte para Ordes de Obradoiro da Historia

Oroso. A Colección de Arte Contemporánea da asociación cultural ordense Obradoiro da Historia vén de recibir novas aportacións. E entre elas, obras de Pedro Bueno, Felipe Senén, Heitor Picallo e José Otero... ou, como aseveraba o responsable da entidade, Manuel Pazos, a este xornal: “temos un Laxeiro”, en referencia ao último autor.

Trátase neste último caso dun gravado numerado e asinado polo pintor de Lalín finado en 1996 que se vai converter nunha das pezas máis destacadas do fondo, aínda que Pazos asegura que foron moitos os artistas que colaboraron doando. Pero tamén a asociación adquiriu obras de notables artistas nos distintos ámbitos da pintura, o debuxo ou a caricatura. Na actualidade contan con traballos de Luís Seoane, Xaquín Marín, Alfonso Abelenda, Siro López, Xosé Lois O Carrabouxo, Viki Rivadulla, Martina Bugallo, Mon Lendoiro, Nolo Suárez, Tino Cuesta, Eva Vérez ou Xío Blanco, entre outros.

FINALIDADE. No que atinxe á finalidade deste arquivo, segundo lembra Manuel Pazos, é “que estén representados na colección os e as artistas máis destacados de Galicia, co obxectivo de achegar a arte contemporánea á comarca de Ordes”. Tamén pon sobre a mesa a súa intención de reunir “un bo número de obras de grandes autores e realizar unha exposición permanente, editando un catálogo para dar a coñecer os fondos da colección”, un proxecto a longo prazo, “pero que xa deu importantes pasos”, aporta o responsable desta entidade cultural ordense.

“Faremos o que algúns políticos nin sequera imaxinan e moito menos son capaces de materializar”, remata Pazos, quen augura que dentro dunhas décadas “será unha das coleccións máis humildes, pero á vez das máis destacadas de Galicia”. m. m.

15 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.